189 DIZER O DIREITO: O PAPEL DOS TRIBUNAIS NO SÉCULO XXI O labor do Tribunal de Xustiza da Unión Europea na protección dos consumidores no ámbito bancario á luz da sentenza (Sala Cuarta) de 16 de xullo de 2020 https://doi.org/10.21814/uminho.ed.30.24 Marta Otero Crespo Profesora contratada doutora de Dereito civil Universidade de Santiago de Compostela 1. Introdución O propósito desta contribución é bosquexar unha aproximación ao rol que está a desen- volver o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) no ámbito de protección dos con- sumidores europeos na súa tarefa interpretativa da Directiva 93/13/CEE do Consello, de 5 de abril, sobre as cláusulas abusivas nos contratos celebrados con consumidores. Para elo, tomaremos como punto de partida casos con orixe na xurisdición española. A xustifcación deste traballo ven dada porque ao longo dos últimos anos, no período comprendido entre 2010 e 2020, de acordo coa información dispoñible na páxina web do Consejo General del Poder Judicial e atendendo ao criterio sede por materia “Protección de consumidores”, os tribunais españois teñen formulado 96 cuestións prexudiciais perante o TXUE, cifra que da boa conta do importante labor que está a realizar neste campo e que, pola súa propia competencia, transcende máis aló da xurisdición española 1 . Así, entre os casos máis recentes e salientables podemos remitirnos á xurispruden- cia recaída no eido de protección dos clientes bancarios por mor da contratación con condicións xerais nas que se insiren cláusulas abusivas. Neste senso cómpre destacar as sentenzas do TXUE que afectan aos contratos de préstamo hipoteca- rio celebrados con consumidores de 21 de decembro de 2016 (sobre as cláusulas chan), de 26 de marzo de 2019 (relativa ás cláusulas de vencemento anticipado 2 ), 1 Aspectos internacionales. Cuestiones prejudiciales iniciadas ante el Tribunal de Justicia de la Unión Eu- ropea, Datos, Cuestiones Prejudiciales 1998-2020, criterio “Protección de consumidores”, [consultado en 2021-05-09]. Dispoñible na World Wide Web: <https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica- -Judicial/Estadistica-por-temas/Aspectos-internacionales/Cuestiones-prejudiciales-iniciadas-ante-el- -Tribunal-de-Justicia-de-la-Union-Europea/>. 2 CARBALLO FIDALDO, Marta - Intereses de demora y vencimiento anticipado del crédito hipotecario en el marco de la legislación sobre cláusulas abusivas y en la ley de contratos de crédito inmobiliario. “Boletín del Ministerio de Justicia”, Año LXXIII – Octubre 2020, pp. 26 e ss.