A desautomatización fraseolóxica en titulares xornalísticos cubanos do ano 2019 1 The phraseological manipulation in Cuban headlines during 2019 Geisy Labrada Hernández Universidade de Holguín https://orcid.org/0000-0001-6303- 8290 geisylh@uho.edu.cu Irina Bidot Martínez Universidade de Oriente https://orcid.org/0000-0001- 8653-9178 bidot@uo.edu.cu Celia María Pérez Marqués Universidade de Oriente https://orcid.org/0000-0002- 0243-8159 celiapm@uo.edu.cu Resumo: O obxectivo deste artigo é identifcar as funcións que desempeñan as unidades fraseolóxicas desautomatizadas nos titulares xornalísticos cubanos. Para iso elaborouse un corpus con 2689 titulares seleccionados de 144 exemplares, en versión impresa, dos tres xornais nacionais: Granma, Juventud Rebelde e Trabajadores correspondentes ao ano 2019. Na súa análise séguese unha perspectiva fraseolóxico-pragmática, na que se ten en conta a forma e o signifcado fraseolóxico das expresións en relación co contexto comunicativo onde se utilizan. Ademais de provocar interese e atraer a atención dos lectores, esta forma de título serve como vehículo para a ideoloxía subxacente; minimiza o papel do xornalista no que se valora ou comenta; representa unha forma de argumentación e contribúe á construción da opinión do autor. Como obxecto de estudo, a cualifcación xornalística revela a orientación do medio, a posición asumida respecto ás noticias e a intención que guía o tratamento do tema. O presente traballo, ao solaparse coa fraseoloxía, tamén nos permite discernir como as nocións, actores e puntos de vista se conceptúan a través de expresións desautomatizadas, a través das cales tamén se indexa estratexicamente a ideoloxía do discurso. Por iso, destaca o valor da prensa como fonte prolífca para os estudos lingüísticos e como forma de entender a realidade sociocultural do territorio ao que pertence. Palabras clave: desautomatización, fraseoloxía, unidade fraseolóxica, titular, prensa cubana. Abstract: The objective of this article is to identify the functions performed by manipulated phraseological units in Cuban headlines. For this purpose, a corpus containing 2689 headlines was elaborated selecting from 144 printed copies of the three national newspapers: Granma, Juventud Rebelde and Trabajadores corresponding to the year 2019. In its analysis, a phraseological-pragmatic perspective is followed, in which the form and phraseological meaning of the expressions are examined in relation to the communicative context in which they are used. In addition to provoking interest and 1 Data de recepción: 04.09.2020. Data de aceptación: 09.02.2021. Tradución do texto orixinal realizada por Alba Giráldez Otero. 117 Cadernos de Fraseoloxía Galega 22, 2020; 117-139. eISSN 2605-4507; https://doi.org/10.52740/cfg/22.22.05.00013