 O propósito deste artigo é achegar datos sobre o proceso de caste- lanización ocorrido en Galicia a partir do século XVI co foco posto nos nomes propios e nos apelidos. Desde ese momento, coa invasión do castelán nos textos escritos, unha parte das formas ono- másticas (tanto antropónimos como topónimos) comezaron a ser modi- ficadas co fin de seren asimiladas ó castelán. Por un lado, traducíronse ás formas equivalentes ó español, tanto se eran elementos estritamente ono- másticos (Afonso-Alonso, Martís-Martínez), coma léxicos (Romeu-Romero, Outeiro-Otero). Por outro lado, as formas intraducibles, maiormente toponímicas, sufriron deformacións analóxicas ó castelán (gráficas, foné- ticas ou morfolóxicas). Examinaranse aquí esas transformacións, as con- secuencias actuais deses procesos e os procedementos de restauración. Os nomes, a historia e a transmisión documental A análise baséase nos nomes propios extraídos das fontes, tanto litera- rias coma non literarias (séculos XVI-XIX) e dos censos (séculos XX- XXI). Hai que ter en conta que o tipo de documentación condiciona a transmisión dos nomes e apelidos, e, por tanto, mostrará maior ou menor número de formas traducidas. Iremos explicando en que manei- ra o fan. O desterro da lingua galega das fontes escritas foi un pouco anterior á celebración co Concilio de Trento (1545-1563), o mecanismo da Igrexa católica para enfrontar a reforma luterana. Para o que aquí concirne, neste concilio estipulouse a obrigatoriedade ós curas párrocos de consignar en rexistros bautismais os datos persoais dos nacidos vivos, xunto cos nomes dos pais, dos avós maternos e paternos e dos padriños, a data de nacemen- to e de bautismo 1 . Ademais, introducíronse restricións que limitaban a A onomástica persoal en Galicia Datos para a súa historia (socio)lingüística Os nomes e os apelidos A NA I SABEL B OULLÓN A GRELO L I N G U A Ana Isabel Boullón Agrelo é doutora en Filoloxía, especializada en Onomástica, profesora do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, adscrita ó Instituto da Lingua Galega, e académica da Real Academia Galega. Este traballo está baseado en Ana Boullón (2021): “Übersetzung galicischer Personennamen in Galicien: historische und soziolinguistische Aspekte”. In: Sinner, Carsten / Bahr, Christian (eds.): Eigennamen und Übersetzung. Hamburg: Baar-Verlag, pp. 177-208.