sociais e turismo. O concello da Coruña non forma parte do devandito consorcio. A presente situación de crise económica, défi- cit público e desemprego fai relevante reflexionar sobre a necesidade de formular un modelo urba- no claro para Galicia. Un modelo urbano que permita aos concellos galegos maximizar a efi- ciencia e optimizar os seus recursos, así como organizarse e cooperar a nivel supramunicipal. Mellorar a cooperación sería instrumental para explotar máis eficazmente os activos e potenciali- dades das áreas metropolitanas galegas, e na súa extensión das rexións funcionais urbanas, así como para xestionar mellor e/ou dirixir o seu cre- cemento en zonas menos lesivas e activar así os recursos do resto do territorio. Neste contexto, a planificación urbana e a ordenación do territorio poden xogar un papel fundamental para a creación de prosperidade e emprego. A nosa hipótese de partida é que o grao de cooperación entre os concellos galegos ten ampla marxe de mellora para lograr eses obxectivos. Polo seu importante papel como metrópoles rexionais que concentran aproxima- damente o 29 por cento da poboación total, o 36 por cento das empresas e achegan arredor do 59 por cento de todo o valor engadido da comunidade 3 , esta hipótese é aplicable especial- mente aos concellos que conforman as áreas metropolitanas da Coruña e Vigo, máis aínda cunha visión de futuro tendente a que esa coo- peración culmine na coordinación funcional das rexións urbanas A Coruña-Ferrol e Vigo- Pontevedra 4 . Ademais, nesa busca dunha maior cooperación supramunicipal non debería prio- A s actuais dinámicas territoriais e a estru- tura territorial herdada dos anos de cre- cemento urbano fan pouco operativa a organización administrativa de Galicia, e fronte á falla dun modelo urbano que organice o cre- cemento acentúan o problema do exceso de localismo. En Galicia existe un número de organismos e entidades de cooperación e/ou de xestión supramunicipal que van dende as deputacións provinciais, ás fundacións comarcais, ás manco- munidades e os consorcios. A súa efectividade como instrumentos para lograr unha planifica- ción rexional máis eficaz e coordinada varía en cada caso. A normativa autonómica recolle tamén a posibilidade de crear áreas metropolita- nas como entidades locais territoriais dotadas de personalidade xurídica e autonomía 1 . Sobre a base desa normativa, en abril de 2012 creouse por lei a Área Metropolitana de Vigo 2 , a única xuridicamente constituída como entidade que existe en Galicia. Non obstante, o seu nacemento non estivo exento de polémica de tipo político polo desigual peso que se dá aos concellos nos seus órganos de decisión, o que ameaza con obstaculizar dende o inicio a activi- dade normal desta nova estrutura. No caso da Coruña, non estando xuridicamente constituí- da, a delimitación da súa área metropolitana varía segundo as distintas definicións que se adopten. Existe un consorcio local formado por nove dos concellos que conforman a súa coroa metropolitana, o Consorcio das Mariñas, cons- tituído no ano 2000 para xestionar de forma conxunta os residuos sólidos urbanos, servizos  Cara a unha maior cooperación supramunicipal en Galicia E LDA S OLLOSO | A NTONIO G ARCÍA | J OSÉ A. C ACHAZA G RUPO M ODELO U RBANO