O PODER EXECUTIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA Xosé Antón Sarmiento Méndez 1.- CONCEPTUACIÓN TEÓRICO-DOGMÁTICA. David Mascarell Furió define os consellos de goberno autonómicos como todos aqueles órganos colexiados que ostentan as funcións executivas e administrativas das comunidades autónomas 1 . No caso galego resulta fondamente ilustrativa a lectura da exposición de motivos da lei 1/1983 do 22 de febreiro reguladora da Xunta e do seu pre- sidente. Ese texto califica expresamente o consello da Xunta como “órgano executivo superior” de Galicia, ó tempo que prantexa como obxectivo da lei a regulación do “desenvolvemento básico” da Xunta sen perxuizo de que unha eventual lei de réxime xurídico da administración da Comunidade Autónoma galega recolla en toda a súa inte- gridade as necesarias normas de funcionamento. A valoración que merece este enfoque do lexislador non pode ser máis que nega- tiva xa que vinte anos despois da aprobación da lei 1/1983 non existe unha regulación legal do réxime xurídico da administración galega, sendo preciso acudir de xeito suple- torio, no que fose aplicable, ó disposto na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Como sinala Muñoz Machado 2 a ausencia de regulación constitucional sobre os gobernos autonómicos fai que o punto de partida sexa inexorablemente estatutario, e neste sentido é o artigo 16 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 o que aporta os primeiros datos normativos ó respecto. No seu apartado primeiro afírmase nidia- mente que a Xunta é o órgano colexiado de goberno de Galicia. Esta proclamación segundo Portero Molina non supón ausencia de xerarquización interna dentro da Xunta, e de feito o apartado segundo do mesmo artigo enumera os distintos cargos que poden integrar a Xunta de Galicia 3 . A preeminencia da colexialidade que nominalmente se afirma no artigo 16 do Estatuto é desmentida na práctica, ó meu xuízo por dous datos relevantes: 849 1 No seu traballo “La organización institucional de las comunidades autónomas” contido no número 35 da Revista Valenciana d` Estudis Autonómics. 2 Santiago Muñoz Machado, Derecho Público de las Comunidades Autónomas, T.II, Madrid, Civitas, 1984. Páxinas 23 e seguintes. 3 Así José Antonio Portero Molina no seu comentario ó artigo 16 contido nos Comentarios al Estatuto de Autonomía de la Comunidad Autónoma de Galicia publicados polo Ministerio para las Administraciones Públicas e dirixidos por José Luís Carro Fernández-Valmayor. Madrid 1991.