Férvedes, 5 2008 Pp.: 95-104 Vilalba, Lugo (ESP) ISSN: 1134-6787 E. Ramil Rego (Ed.): 1 Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba. 11-14 junio 2008. NOVAS CONSIDERACIÓNS ENTORNO Ó XACEMENTO ACHELENSE DAS GÁNDARAS DE BUDIÑO Méndez Quintas, Eduardo Sección de Xeografía, Historia, Arqueoloxía e Etnogra- fía. Instituto de Estudios Miñoranos edu_mendez5@hotmail.com RESUMEN O xacemento de As Gándaras de Budiño é un referente ineludible a hora de tratar as primeiras etapas da presenza humana do noroeste peninsular. Aínda que o xacemento foi escavado en repetidas ocasións (en 1963 por Emiliano Aguirre, entre 1980-82 por Xulio Vidal Encinas e finalmente entre 1991-92 por Dolores Cerqueiro, Mª Luísa Pérez e Anxo López-Felpeto) o coñecemento sobre o contexto xeoestratigráfico, as carac- terísticas e representatividade das industrias é deficitario. A revisión das series das escavacións antigas tendo en conta a natureza de cada un dos niveis estrati- gráficos que as soportan, permite obter unha visión substancialmente diferente da recollida na historiografía arqueolóxica galega. Estamos perante unha industria homoxénea (tecnolóxica e cronoculturalmente) propia do achelense da segunda metade do Pleistoceno Medio, resultado da actividade humana na antiga beira do río Louro (actual terraza de + 24 m). A existencia de industria lítica en niveis superpostos, ó episodio fluvial, non responde a ocupacións paleolíticas posteriores, senón a fenómenos xeoestratigráficos. Estas industrias atópan- se redepositadas a partir do nivel fluvial e afectadas por procesos de selección sedimentaria. ABSTRACT The Gándaras de Budiño is the more important bed to study the first stages of human presence in the northwest. Although the site was excavated in repeated occasion (in 1963 for Emiliano Aguirre, between 1980-82 for Xulio Vidal Encinas and finally between 1991-92 for Dolores Cerqueiro, Mª Luísa Pérez and Anxo López -Felpeto) the knowledge of the geostratigraphy context and industries characteristics is defective. The revision of ancient excavations collection with regard to stratigraphic levels, permits obtain new interpretations different to the traditional Galician historiography. We have a homogeneous acheulian industry (chronology and technology) of the second half of the Middle Pleistocene. They are resulted of the human ac- tivity in the ancient bank of the Louro River (current terrace of +24 m). The existence of lithic industry in overstrike levels, from the fluvial episode, doesn’t correspond with paleolithic later occupations, if not geo- stratigraphy condition. These industries find to him rebuilding as fluvial level and affected for sedimentary se- lection. Palabras Clave: Industria lítica, Achelense, Pleistoceno Medio, Dinámicas sedimentarias, Gándaras de Budiño, Galicia. Keywords: Lithic industry, Acheulian, Middle Pleistocene, Sedimentary dynamics, Gándaras de Budiño, Galicia. 1.- Introdución. O xacemento de As Gándaras de Budiño (O Porriño) é a referencia máis coñecida sobre o Pale- olítico Galego. A pesares disto, e das repetidas es- cavacións realizadas no lugar, non existen publica- cións que abarquen de xeito conxunto as condi- cións sedimentarias e as características das indus- trias líticas. A isto temos que engadir o deficitario do estudio dos intres máis recuados da prehistoria galega, a pesares de que as escavacións de Emilia- no Aguirre nas Gándaras de Budiño (Aguirre 1964) foron pioneiras no panorama nacional. A falta de interese na investigación destes in- tres sustentouse, na ausencia de xacementos con contexto estratigráfico e na suposta atipicidade das industrias líticas realizadas en rochas coma o cuar- zo ou a cuarcita, que non parecían ter relación cos materiais das series francesas de referencia (v.p.e. Vázquez Varela 1984). Así mesmo a desafortunada interpretación dos datos estratigráficos e das data- cións absolutas de C 14 obtidas no xacemento de Budiño, non fixo máis que afondar no aparente ca- racter atípico e arcaico do Paleolítico galego (Agui- rre e Butzer 1967). Se ben coñecemos con certo grao de detalle as primeiras investigación de E. Aguirre no xacemen- to (Aguirre 1964; Butzer 1967, Echaide 1971), os datos publicados dos traballos de Vidal Encinas son algo fragmentarios, aínda que de gran importancia para a correcta interpretación do xacemento, polo que centraremos a comunicación nestes traballos. Por contra os resultados da última intervención de D. Cerqueiro son escasamente diagnósticos, tanto en canto non foron aínda publicados axeitadamente (Cerqueiro Landín 1996). 2.- A estratigrafía de Budiño.