1 DEREITO CONSTITUCIONAL E ELABORACIÓN DAS LEIS EN ESPAÑA CONSTITUTIONAL LAW AND LEGISLATIVE DRAFTING IN SPAIN.- Xosé Antón Sarmiento Méndez Letrado Maior do Parlamento de Galicia. Profesor de Dereito Constitucional. Universidade de Vigo. Palabras clave: Constitución, Parlamento, control, Tribunal Constitucional, lei. Keywords: Constitution, Parliament, control, Judicial review, bill. Resumo: A crise do concepto de lei no constitucionalismo actual comporta tamén cambios nos instrumentos que os poderes normativos (Parlamentos e Executivos) manexan para a elaboración das normas. As declaracións constitucionais e a súa interpretación polo Tribunal Constitucional en España teñen evidentes consecuencias na práctica da actuación dos poderes públicos, singularmente no tocante o labor dos intérpretes xurídicos tanto no plano xurisprudencial coma doutrinal. O autor reflexiona sobre a experiencia española e galega dende a práctica da aplicación normativa e aporta propostas de cambio que poden ser útiles para a mellora institucional e do ordenamento xurídico.- Abstract: The concept of parliamentary act crisis in modern constitutionalism also cause changes of instruments that normative powers have to make rules. Constitutional declarations and its interpretation by Tribunal Constitucional in Spain have important concequences in the practice of legal proceedings of public powers, specially about the work of juridical interpeters both in jurisprudential vision as well as doctrinal studies. The author reflexes upon the spanish and galician experience from normative application and suggests proposals of change which can be useful for institutional and legality progress.