1 O PRESIDENTE DA XUNTA: DELIMITACIÓN XURÍDICO- CONSTITUCIONAL DA FIGURA Xosé Antón Sarmiento Méndez Letrado do Parlamento de Galicia Profesor de Dereito constitucional da U de Vigo. 1.- Definición da Presidencia da Xunta como órgano estatutario.- O punto de partida para a aproximación á figura do máximo mandatario do executivo autonómico é o artigo 152 da Constitución Española. Neste precepto establécese o fundamento básico do que será a configuración lexislativa posterior por parte do Estatuto de Autonomía para Galicia e das Leis autonómicas. No citado artigo disponse que nos Estatutos aprobados polo procedemento establecido no 151 da Constitución a organización institucional autonómica contará con un presidente, elexido pola Asamblea, de entre os seus membros, e nomeado polo Rei, a quen corresponde a dirección do Consello de Goberno ademáis da suprema representación da respectiva Comunidade e a ordinaria do Estado naquela. Finalmente conságrase a responsabilidade política do presidente perante o Parlamento da Comunidade autónoma. Este esquema constitucional foi copiado miméticamente do establecido no Titulo IV da Constitución para o goberno do Estado. 1 De feito a ausencia dunha figura independente da do presidente do Goberno Autonómico e que simbolizase a Presidencia da Comunidade Autónoma plantexa certos problemas de funcionamento, que se solucionan no caso estatal pola figura do Xefe do Estado. O decir de algúns autores esta e unha das causas que provocou nas Comunidades Autónomas o xurdimento dunha sorte de “presidencialismo autonómico”, se ben outros factores como a personalidade do Presidente poden influir no papel político senlleiro por el desenvolvido 2 . Sen perxuicio de recoñecer a escasa orixinalidade do modelo presidencial adoptado para as Comunidades Autónomas pódese coincidir con López Guerra na opinión de que a decisión do constituinte veu avalada por razóns de integración política, que, en definitiva, foron as que tamén respaldaron a propia creación do Estado das autonomías 3 . 1.1.- Dereitos.- No plano da regulación estrictamente persoal da figura do Presidente non se atopa información algunha na Constitución nin no Estatuto de Autonomía para Galicia que axude a comprende-lo seu status individual. Tal vez se entendéu que era unha materia de contido máis concreto na que non conviña cercena-las posibilidades do 1 Neste sentido se pronuncia Antonio J. Porras Nadales no seu traballo “Confluencia de funciones entre Gobierno y Parlamento y nuevas funcionalidades del principio de división de poderes: propuestas y reflexiones a partir de la experiencia autonómica” recollido no número 5 da revista Activitat Parlamentaria. Generalitat de Cataluña, enero 2003. 2 Deste xeito o entende Fernández Segado no capítulo “ Dereito público galego. O poder executivo.” Na obra colectiva Manual de Dereito Galego. Tomo I. Xunta de Galicia. 1996. 3 Palabras de Luis López Guerra no seu traballo “El modelo autonómico” recollido en Autonomies núm. 20, 1995 páxinas 175 á 177