O emprazamento da Terraza en Sada e a súa importancia como centro sociocultural (1919 - 1930) Samuel Nión Álvarez Se interrogamos hoxe a calquera habitante de Sada sobre o edificio máis emblemático da súa vila, poucos serán os que non pronuncien o nome da Terraza, o apelativo co que se coñece popularmente ao vello e espectacular quiosco modernista situado en pleno paseo marítimo. Non cabe dúbida de que este é o edificio máis emblemático e representativo de Sada 1 , mais os numerosos estudos arquitectónicos e artísticos non deixan nada claro cal foi a súa verdadeira historia. Descoñecemos, por exemplo, as condicións do seu emprazamento en Sada, cales foron os responsables, a súa motivación... e tamén escasean os datos sobre a súa importancia sociocultural nos anos 20. Neste pequeno estudo buscaremos darlle resposta a todas estas cuestións. A Terraza ten a súa orixe na Coruña decimonónica. Na segunda metade do s. XIX, comezouse a reformar a vella capital galega co fin de mellorar as condicións dos seus parques e xardíns, das que destacamos as accións levadas a cabo nos actuais Xardíns de Méndez Núñez. DeŶoŵiŶado populaƌŵeŶte o ReĐheo Đoƌuñés, todos os quioscos e edificacións alí situadas a día de hoxe son froito destas reformas urbanísticas de índole modernista: O Quiosco da música (1884), o Pabellón Cinematográfico de Enrique Rabadán (1902), o Quiosco Alfonso (1912-13)... todos eles realizados por un grupo moi reducido de arquitectos coruñeses, dos cales case todos seguían os canons da arquitectura modernista 2 . A Terraza de Sada era un proxecto máis deste conxunto. Inicialmente tería unha fuŶĐióŶ de veŶda de ƌefƌesĐos e golosiŶas, seŶdo uŶ peƋueŶo ƋuiosĐo de ŵadeiƌa destinado a tal fin, e que sería construído a finais da última década do s. XIX, ou nos primeiros anos do s. XX. En 1910 considérase que se estruturaron os primeiros 1 Quizais teñamos que engadir como excepción o Pazo de Meirás, mais a súa condición actual fai que non sexa lembrado pola súa beleza artística precisamente. 2 MARTÍNEZ SUÁREZ, X.L. A Terraza en Sada. Gráficas do Castro/Moret, Sada, 1985. P. 31.