O espellismo da utopía educativa 1 . Manuel Torres Cubeiro IES Porto do Son mtcubeiro@edu.xunta.es "... os que non teñen fe son non-crentes só para os crentes (pero non para eles mesmos)" 2 A miña tese neste artigo é simple: mesturar utopía e educación é un erro. É un erro corrente na educación, sexa esta relixiosa ou non. Este artigo desmonta ese erro, explica primeiro os seus fundamentos epistemolóxicos, para desmontar as súas bases nunha suposta filosofía práctica, eticamente ben intencionado. É urxente desprendernos da roupaxe utópica na educación, e educar xa sen utopías. Seguimos sendo sacerdotes- profesores dunha utopía xa morta, pode que agora sacerdotes da cidadanía e non do cristianismo, pero sacerdotes á fin e ó cabo. Lonxe do cinismo ou da ironía habitual no noso gremio, é hora de dicir basta. Educamos sen saber para que, educamos para unha sociedade que nin controlamos nin podemos entender, por iso, abandonar as firmes pedras da ética e a epistemoloxía tradicionais, nos fará comezar a educar para a incerteza e a complexidade. Epistemoloxía dunha distinción errónea: Spencer-Brown e a educación. No seu libro, Laws of form (1969), o matemático británico George Spencer-Brown (1923-) sinta as bases lóxicas dun cambio epistemolóxico revolucionario 3 . Detéñome brevemente en expoñer as claves da súa teoría, para sacar as súas consecuencias epistemolóxicas no tema que nos ocupa: a utopía como distinción 4 base da educación. Spencer-Brown estudia, de acordo co título da obra, as leis da forma . Unha forma é para el unha distinción na que se seleccionou (indicou) un dos seus dous lados. Trátase dun concepto abstracto, técnico e para aclaralo só podemos proceder por analoxía. Repetimos a definición: unha forma é a indicación dun dos dous lados dunha distinción . Distinguir é establecer unha diferencia entre dúas partes, como ao trazar unha liña na area, ao facelo, dividín o mundo en dous. Pero unha forma é tamén a selección (indicación) dun dos dous lados. Como ao trazar un círculo sobre a area, entón o noso ollo automaticamente só ve o lado pechado, esquecendo o resto do mundo. Iso é exactamente a forma , a operación de só ver o círculo ao trazar unha diferencia e seleccionar un dos dous lados. Poñamos un exemplo próximo á docencia. Comezamos o curso e temos un grupo problemático do que todo o profesorado fala: "non hai quen os ature", "son malísimos". Estas afirmacións utilizan unha distinción, e unha forma no sentido de Spencer-Brown. Dividimos o universo dos alumnos cunha liña imaxinaria, establecendo unha distinción entre dous grupos: trazamos unha liña imaxinaria entre os bos e os malos.Seleccionamos os bos como desexables e comparamos ao noso grupo malo con este outro lado da nosa distinción. Trazamos unha liña e colocámonos nun dos seus lados; a nosa observación é dende ese lado. Spencer-Brown define a forma como esa indicación dun lado dunha distinción que nos permite observar. Indicamos o lado dos bos alumnos para poder falar dos alumnos difíciles. O espacio marcado dende o que Alum nos bos Alum nos malos Alum nos malos