A edición da documentación medieval non literaria en Galicia ANA ISABEL BOULLóN AGRELO Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela A ocasión da homenaxe ó benquerido mestre Ivo Castro, que tan luminosas páxi- nas ten dado a lume sobre a crítica textual, o concepto mesmo de iloloxía e a práctica ecdótica en textos portugueses e tamén galegos, sérvenos de pretexto para relexionar sobre a edición da documentación medieval en Galicia. A limi- tación do número de páxinas obríganos a acouta-lo tema ós textos non literarios, posto que a análise da produción literaria esixiría ter en conta condicionantes moi diferentes. 1. ¿Canto se publica? Hai uns anos, Fernando Tato e mais eu publicamos unha relación de fontes para o estudo da lingua medieval (Tato / Boullón 2004), en que realizabamos unhas consideracións de tipo cuantitativo. O gráico que presentamos daquela é hoxe revisitado, depurando os datos (desta vez só inclúo edicións de textos e desboto os catálogos), incluíndo algunhas referencias ignoradas daquela e completando a primeira década do século xxi (ata 2010); isto supón máis de medio millar de títulos, que inclúen textos de extensión moi dispar (artigos en revistas ou colectá- neas, coleccións documentais completas ou apéndices documentais). A situación nas primeiras décadas non experimenta grandes cambios; pódese dicir que na última a tendencia ascendente diminúe, se ben se mantén un número elevado de edición de fontes (en torno ós 130 títulos). Ao sabor do texto Estudos dedicados a Ivo Castro Universidade de Santiago de Compostela, 2013, ISBN 978-84-15876-15-1, pp. 57-76 ana.boullon@usc.es