Nº 9 | ADRA | 121 NOTAS DE LIBROS Conde Gómez, Diego (2014) Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia. A Coruña: Deputación Provincial, 172 páx. Como tantas outras publicacións desta natureza, o libro que imos comentar deriva dun traballo académi- co, en concreto dunha tese de doutoramento presenta- da polo autor a finais do ano 2013. Amosa dende o seu comezo o valor engadido que significa dende o punto de vista intelectual o diálogo entre diversas discipli- nas, mesmo cando estas semellan tan distantes como a historia, inserida do ámbito das ciencias sociais e hu- manas, e ciencias experimentais como as vinculadas á investigación veterinaria. Xa o título anuncia unha vindicación, a do papel que a gandaría, especialmente a vacúa, tivo nas mudan- zas experimentadas polo rural galego na época contem- poránea. Neste sentido, o primeiro parágrafo do libro é toda unha declaración de intencións: “Non se pode explicar a totalidade da historia social, política e eco- nómica de Galicia, sen antes comprender o papel que a vaca xogou como tesouro do agro galego” (p. 15). Non descoñece o autor que a historiografía galega dende finais da década de 1970 lle prestou unha notable atención, como demostran nu- merosos traballos, dende as achegas fundamentais de García Lombardero, Ramón Villares ou Xoán Carmona a finais da década de 1970, ás máis recentes de David Soto ou Antonio Bernárdez, pasando polas publicacións de Alberte Martínez ou Lourenzo Fernández. Considera, non obstan- te, que cómpre salientar a importancia que tivo o sector pecuario como factor dinamizador das mudanzas de todo tipo acontecidas no rural galego. Aínda que non esquece a incipiente especialización gandeira que se percibía nalgunhas co- marcas galegas xa durante o século XVIII, o autor sinala que a cuestión pecuaria non comeza a tomar relevancia até finais do século XIX. O pulo exportador cara ao mercado británico do segundo terzo do século XIX puxo de relevo algúns trazos da produción gandeira galega, maior- mente a polivalencia do seu aproveitamento: carne, leite e traballo. Isto traducíase nunha enorme heteroxeneidade da cabana e, por conseguinte, a imposibilidade de definir unhas características fenotípicas comúns. Estes trazos, que respondían á lóxica produtiva e reprodutiva das pequenas explotacións campesiñas, a penas suscitaban a reflexión dos medios cultos. Pola contra, estes estaban concentrados nos debates sobre a estrutura da propiedade agraria: reducida dimensión das explotacións, extremada parcelación, persistencia do sistema foral. Os traballos do Conde de Pardo Bazán, Manuel Colmeiro, Castro Bolaño ou Pelayo Cuesta e os debates do Congreso Agríco- la Galego de 1864 responden esencialmente a estas inquedanzas.