77 A narrativa no proxecto das Irmandades ¿continuidade ou renovación? O caso da Colección Lar Dolores Vilavedra Universidade de Santiago de Compostela Resumo: No marco da preocupación epocal por elevar os niveis de calidade e varie- dade da literatura galega, nas páxinas seguintes téntase analizar ata que punto Lar (e outras coleccións de narrativa breve promovidas polas Irmandades) supuxron ou non un avance deinitivo no referido á variedade temática e á calidade técnica do xénero narrativo galego. Palabras chave: Narrativa galega, colección Lar, polifonía, monoloxismo. Abstract: In the context of epochal preoccupation to elevate the quality and variety levels of Galician literature, the following pages will attempt to analyze to what extent Lar (and other brief narrative collections developed by the Irmandades) resulted or not in a deinitive advancement referring to thematic variety and technical quality of the Galician narrative genre. Key words: Galician narrative, Lar collection, polyphony, monologism. Dende inais do XIX a incipiente narrativa iccional galega viña experimentando un notable pulo, visible tanto na publicación de novelas por entregas e de coleccións de contos e relatos coma na convocatoria de certames literarios que pretendían dina- mizar o xénero. Malia este aparente dinamismo, a narrativa amosábase claramente decantada polo costumismo ruralista e pexada por un enxebrismo tosco e tópico que freaba calquera posibilidade de innovación. A isto habería que engadirlle o feito de que parte do establishment cultural vía nos avances da modernidade unha ameaza para as tradicións galegas (e, por tanto, para a nosa identidade colectiva), de aí que Valentín Lamas Carvajal clamase na “Introdución” ao seu libro de relatos Gallegada (1887): “A gaita xa cuaseque non soa n-as nosas romaxes, a monteira xa cuaseque non