 configurar un mapa que confirmaría, a grandes trazos, esta lectura: Pardo Bazán sitúa as aventu- ras do seu Pascual López (1879) nun círculo que abrangue especialmente o contorno catedralicio e a Alameda, deixando zonas liminares, como os Agros de Carreira, para momentos de tribulación e deriva do seu personaxe e situando nos montes adxacentes (o Pico Sacro, o Pedroso e as torres de Altamira) as accións de superstición e esoterismo que reforzan a centralidade simbólica do centro eclesiástico urbano 1 . Trátase dunha axioloxía espacial que se repetirá nos relatos da escritora, como veremos, e que queda absolutamente con- firmada en Los pazos de Ulloa (1886), onde a denominada cidade vella, coas súas institucións relixiosas e burguesas, resume a representación compostelá na novela. Na obra rosaliana, porén, a importancia inequívoca do centro antigo, que aparece en poemas como “Amigos vellos” (Follas novas), “Na catredal” (FN) ou “Santa Escolástica” (En las orillas del Sar) vén matizada por unha atención a zonas limítrofes ou externas que mesmo fundan o lugar de enunciación, como nas composicións “En Cornes” e “San Lourenzo” (FN), ou asumen a substancia diexética, como é o caso da área de Conxo en El primer loco (1881) 2 . Hai, ademais, outro trazo diferenciador certamente esencial: o código de representación elixido polas escritoras, que ten que ver cun afán polo detalle de raíz costumista (no Pascual) e naturalista (en Los pazos) por parte de Pardo Bazán, e que contrasta con certa vocación desre- alizadora e mesmo alegorizante que se dá nos poemas, pero especialmente nas novelas “com- postelás” de Rosalía de Castro. Disto dá boa N unha carta a Murguía, sen datar, Rosalía de Castro detense en gabar o claustro compostelán de San Lourenzo, repro- chando ao seu home non a levar antes a coñecer ese lugar dos arrabaldes santiagueses e encarecen- do un “olvido” que, di, é maior ao que se dá no de “Conjo” (Castro, 1993: 607). En 1886, un ano despois da morte de Rosalía, Emilia Pardo Bazán refírese, nos seus “Apuntes autobiográfi- cos”, á súa afección a pasar horas noutro claustro da cidade: o do convento franciscano, situado moi preto da catedral (1999-2005a: 37). Estas alusións exaltadoras a dous lugares parcialmente similares dan fe da relevancia dos espazos com- posteláns nas vidas e ánimos das dúas escritoras galegas, pero, ademais, son reveladoras da fun- cionalidade que esta cidade en particular (e, en certo modo, a cidade en xeral) cobra nas súas tra- xectorias creativas. A escolla rosaliana dunha situación periférica e exclaustrada contrasta co posicionamento pardobazaniano nun núcleo urbano e eclesiástico, e ese feito, lonxe de ser anecdótico ou arbitrario, opera como síntoma de dous posicionamentos ideolóxicos diferenciados ante a dialéctica entre pasado e presente propia da modernidade e os seus conflitos asociados: a dicotomía entre civilización e barbarie, os lími- tes da razón e a función da espiritualidade. Un exame destas cuestións pode iluminar dous hori- zontes disímiles nas súas producións do local san- tiagués que teñen que ver con programas intelectuais, estéticos e políticos claramente diverxentes. Un percorrido polas localizacións composte- lás consignadas nas obras das autoras permitiría A cidade e os seus (des)contentos Santiago de Compostela na obra de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán M ARGARITA G ARCÍA C ANDEIRA