Tempo Exterior / nº 17 (segunda época) - xullo/decembro 2008 65 Unha ollada á paradiplomacia galega: 2005-2008 Celso Cancela Outeda I. Introdución o intre actual, a paradiplomacia ou acción exterior é un tema que, en liñas xerais, ocupa un lugar estable na axenda dos gobernos subestatais, aínda que na práctica presenta perfís bastante diferentes. En concreto, no caso do Estado español, a acción exterior autonómica non constitúe unha rareza. A cotío, os medios de comunicación dan noticia da visita dun presidente ou conselleiro ao exte- rior, da sinatura dun convenio de colaboración en materia de investigación, da con- cesión dunha axuda ao desenvolvemento, da promoción dun sector económico, etc. Estas actuacións son as que enchen de contido o eido da paradiplomacia. As páxinas que seguen teñen como obxectivo tratar de encadrar o labor levado a cabo polo actual Goberno galego neste eido desde 2005 ata a actualidade. En termos xenéricos e atendendo ás actuacións concretas realizadas, obsérvase un certo continuísmo en relación á etapa de Manuel Fraga Iribarne, caracterizada polo personalismo. No entanto, desde a perspectiva institucional, hai novidades no refe- rente ao fortalecemento e consolidación do aparato institucional encargado da ac- ción exterior; novidades prometedoras pero que aínda non produciron froitos, polo que pode cualificarse de etapa de transición. A estrutura destas páxinas descansa sobre tres apartados principais. En pri- meiro lugar, realizaremos unha aproximación xeral ao fenómeno da paradiplomacia (factores causantes, reacción das entidades subestatais). En segundo lugar, seguire- mos coa evolución experimentada polo Estado español nesta materia, que pasou da oposición á acción exterior autonómica á súa admisión. Remataremos cun apartado relativo ao caso galego no que examinaremos, dunha banda, o percorrido histórico (1981 ata 2005) e, doutra, o labor realizado polo Goberno bipartito (2005-2008). II. Achegamento á paradiplomacia a) Apuntamentos xerais O axeitado encadramento e comprensión da denominada paradiplomacia ou acción exterior das entidades subestatais ou rexionais esixe considerar lixeiramente as certas transformacións e cambios producidos nos eidos político, económico e so- cial. Sen dúbida é un chanzo previo elemental para a planificación, implementación e avaliación de calquera acción exterior con aspiracións. N