TRASTORNOS DA LINGUAXE NOS NENOS CEGOS DE NA CEMENTO Miguel Pérez Pereira Universidade de Santiago de Con1postela INTRODUCCIÓN o estudio da adquisición da linguaxe polos nenos cegos presenta un grande interese por varias razóns. Dnha primeira razón é de tipo práctico, porque sabendo cómo evoluciona a súa linguaxe, así como os factores que afectan esa evolución, é posible intervir duna maneira máis exitosa, e así optimiza-lo desenvolvemento dos nenos cegos. Ainda que eso non pode facernos crer que existan receitas infalibles. Dnha segunda razón é de tipo teórico. O estudio dos nenos cegos de nacemento permítenos estudia-los efectos da visión no desenvolvemento psicolóxico, e poder dar unha res- posta á pregunta ¿cál é o papel da visión no desenvolvemento? ¿qué efectos tén a carencia de visión? Este interese teórico non deixa de ter un valor práctico tamén, pois como dicía o famoso psicólogo Kurt Lewin, "non hai nada máis práctico que unha boa teoría" (Lewin, 1944). A exis- tencia duna acertada comprensión dun fenómeno é unha guía esencial para un apropiado programa de intervención, e evítanos realizar intervencións que mesmo poden ser contraproducentes para o desenvolvemento dos nenos. Teoría e práctica profesional non poden estar desligados un do outro. Finalmente, gracias ó estudio da adquisición da linguaxe en nenos cegos é posible poñer a proba determinados enfoques teóricos existentes sobre da adquisición da linguaxe, e, en particular, a teo- ría da base cognitiva para a adquisición da linguaxe, á cal vou facer referencia posteriormente. A linguaxe dos nenos cegos, ainda que constitúe unha temática moi interesante, non é doada de investigar debido a varios factores. En primeiro lugar, a poboación de nenos cegos é moi cativa (0.71 por mil dos nenos que nacen son cegos; cifra que ascende a 1.1 por mil de nenos cegos con menos de 16 anos l ). Eso fai dificil a busca de nenos cegos das características desexadas. En segundo lugar, a poboación de nenos cegos é moi heteroxénea, debido a diferentes circunstancias, como o momento de inicio da cegueira (cegueira conxénita, ou máis ou menos tardía), existencia ou non de residuo visual, etioloxías dife- 1. Estes datos son válidos para España e similares aos de outros paises accidentais desenvolvidos. En paises sub- desenvolvidos, a proporción de nenos cegos é maior debido ás condicións sociais e sanitarias. 367