ISSN: 1138-9664 1999,2 127 132 RAFAEL DIESTE E O NENO SUICIDLt. A NARACCION DO TEMPO ÁS AVE SAS OLIVIA RODRÍGUEZ GONZALEZ O neno suicida, publicado como apéndice de Aflestra balíleira (1927) e que forma- rá parte de Dos Arquivos do trasno na súa edición definitiva dc 1973, está conside- rado con fundamento dabondo como un prodixio de contención narrativa, quen de sintetizar en moí poueas lineas unha vida enteira: a dun ser humano que percorre o tempo ó revés ou ás avesas, dende a vellice á infancia. A historia escóitana na taberna uns cantos seareiros da boca dun vagabundo deseo- ijecido que vén de entrar no local e que se conver- te deste xeito no paranarratario —o conto dentro do conro— no mareo escénico axeitado á comunica- ción oral que adoita utilizar Rafael Dieste nestas narracións. O punto de partida desa comunicación e a nova que trae un periódico sobre o abraianre suicidio dun neno. O vagabundo di coñecer a causa e enceta a historia que smi algúns amigos fieis do protagonista, entre os que sen dúbida se conta, sabían: «A derradeira vez que o atopei —tiña el oito anos— andaba moi triste» (R. Dieste, 1987: 61). O neno que se suicida nace vello, parido pola terra-naí, como un experimento de Deus de acor- do coa petición do protagonista. Sendo este espiri- to puro, solicita da divindade cumprir o seu dese- xo de ir de vello a mozo e non á inversa, para gozar máis intensamente da vida, cousa que de feito fará entre os cincuenta e os quince anos. A fase inicial do relato comprende o susto que o protagonista dá a unha beata que o ve saír en coi- ros do cemiterio da parroquia —morrendo a resul- tas del—; a súa recollida poíos ministros ea senten- cia do xuíz, breves episodios que recordan aquela intehixente película de Herzog sobre o bo salvaxe chamada O enigma de Gaspar Hauser 6 aprender a falar faise esmoleiro, oficio que propicia viaxar por moitas rerras. De que ten máis sabedoría, deci- de manter en segredo a súa orixinalidade. As cou- sas estráganse cando chega a neno e empeza a coller medo das olladas dos adultos e da cobiza dos rateiros que o perseguen. O peor de todo é que non pode coa carga das lembranzas de vello sobre as súas costas de neno. E paseniñamente vai asal- tándolle a teima sobre o seu próximo e certo final: «ir devecendo ata se trocar primeiro nunha sambesu- ga e despois en arumia e logo en pequenísima semen- te...» (R. Dieste, 1987: 62). Non podendo resisti- lo, pégase un tiro. Quedamos sen saber, nós e os paranarratarios, cómo seria ese retorno á semente. Que a historia sexa certa ou non, é dicir, a dúbi- da do receptor respecto da veracidade do relatado fica plasmada no magnífico reflexo da recepción por parte deses paranarratarios, xente afeita a contar e escoitar no espacio popular da taberna, pero suscep- tible de crer o incrible segundo sexa o seu grao de afectación poíos vapores etílicos: «Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño, surrían e dubidaban. O taberneiro negaba». (íbidem). Moito se ten buhado este conto diesreano, marcado por un finísimo sentido do humor e un lirismo entrañable. Os teóricos da literatura esmiuzárono desde ultimísimos enfoques narrato- lóxicos (A. Casas, 1994), pasando un pouco á présa poío tema do tempo mi revés, máis preocupa- dos de cómo se entrefían o tempo externo e o interno, nun momento en que a tematologia non produce grandes entusiasmos. Pero ¿ o tratamento deste tema o que queremos revisar aquí, ben que aceptemos que a singularida- de do relato breve diesteano reside noutros aspec- tos, como trata de expresar sintética e moi expresi- vamente no Limiar á primeira edición de Dos Arquivos do trasno (1926). 0 certo é que un pen- sador como Rafael Dieste tivo o tempo como un dos obxectos da súa especulación, como científico e como escritor, seguindo o ronsel das cavilacións metafísicas dun Azorín ou dun Unamuno, que anunciaban o debullar máis fondo e racional sobre estes temas no tempo de Ortega y Gasset e os inte- lectuais da Xeneración do 27, contexto no que se