29 A viaxe inacabada da literatura de viaxes: paradoxos, cuestionamento e transformacións dun xénero 1 MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ Universidade de Santiago de Compostela Resumo Finais do século XIX e comezos do XX é unha etapa de enorme interese na evolución do xénero da literatura de viaxes, pois nestes anos prodúcese, asemade, a culminación e o inicio do declive do xénero, en paralelo ao cuestionamento do que podemos designar «soño da viaxe». A aplicación do modelo de evolución xenérica de Jean-Marie Schaeffer permítenos compren- der o que acontece nestas décadas clave para contextualizar a incorporación do xénero de viaxes ao repertorio da literatura galega por parte dos homes da Xeración Nós. Pola súa parte, as achegas das teorías poscoloniais, posteriores a este momento que centra o noso interese, deitaron unha nova luz, sumamente reveladora, sobre a dimensión ideolóxica do xénero, ao tempo que, paradoxalmente, contribuíron a paralizar a súa produción. Palabras chave Literatura de viaxes, poscolonialismo, xeración Nós, xénero literario, xiro espacial. 1 Este traballo insírese no marco do proxecto La producción del lugar. Cartografías literarias y modelos críticos no que María López Sández é colaboradora. Investigador principal: Fernando Cabo Aseguinolaza, 2010-2013. Este proxecto conta con financiamento público a cargo do Ministerio de Ciencia e Innova- ción (FF12010-15699). 29