IDENTIFICACIÓN DE «TORONA» Carlos Pérez Varela Universidade de Santiago A intención desta comunicación non é a de establecer o texto dunha composi- ción, senón máis ben a de propoñer unha pequena anotación que podería axudar ao futuro editor. Preténdese chamar a atención sobre certas coincidencias: as que se dan entre un trobador portugués, un texto case que hermético e algúns topónimos galegos. A pasaxe que nos interesa é o inicio da canción «Ala uuaz que la torona», a única que coñecemos atribuí da a o nobre portugués D. Garcia Mendez de Eixo, presente na corte de Sancho 1 a finais do século XII, e falecido con seguridade no 1239 -pois así consta na súa sepultura do mosteiro de Alcoba<;;a-: Ala uuaz que la Torona e los parens son tauz e la terra he trou bona e ja quites son los chauz c'ora me volho tomar a Sousa a lo mon logar ( ... ) (vv. 1-6) D. Garcia Mendez de Eixo pertencía á familia dos Sousas, de grande importan- cia na corte portuguesa, e casou con Elvira Gon<;;alvez, filia de D. Gon<;;alo Paez de Toronho, como di o nobiliario do conde de Barcelos: F de DIO) 11. DE DOM GARCIA MEENDEZ DE SOUSA E DOS QUE DEL DECENDEROM. Este dom Garcia Meendez foi casado com dona Elvira Gon<;;alvez, filha de dom Gon<;;alo Paaez de Toronho, filho de dom Paai Curvo, como se mostra no titulo XVI, parafro 50, e fez em ela o conde dom Gon<;;alo Garcia e dom Meem Garcia e dom Joham Garcia, o JI Pinto, e dom Femam Garcia Esgaravhunha, o que trobou bem, e do m Pero Garcia Albouia e dona Maria Garcia. (Mattoso 1980; 1, pp. 274-275). 539