407 Madrygal 23 (2020): 407-410 Madrygal. Revista de Estudios Gallegos ISSN: 1138-9664 http://dx.doi.org/10.5209/madr.73080 As capas da revista Nós Ana Acuña Trabazo 1 ; Afonso Vázquez Monxardín 2 CRÓNICA 1 Universidade de Vigo. Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Correo-e: ganime@uvigo.es. 2 Correspondente da RAG. Correo-e: monxardin@gmail.com. Madrygal súmase á celebración do centena- rio da revista Nós (30 de outono de 1920) coa reprodución dunha das súas capas máis repre- sentativas. Nós, ao longo dos seus quince anos de vida, tivo varias capas que, a pesar da súa evolución estilística, compatiron sempre tres trazos: a autoría, todas saíron da pluma e ima- xinación de Castelao; a vontade de identifca- ción simbólica coa Terra (dolmens, campás, cálices, fandeiras...); e o feito de reservaren totalmente a información para o interior, pois nada hai en ningún número semellante a un ín- dice externo nin na capa nin na contracapa. A imaxe da capa da revista a partir do nú- mero 10 converteuse, nos nosos tempos, nunha icona emblemática da cultura galega do século XX, reproducida en varios soportes populares (camisolas, xerras...) e favoreceu a identifca- ción social coa publicación periódica máis em- blemática da cultura galega do século XX, esa que deu nome a un grupo de homes, ao con- xunto dunha xeración e a un tempo histórico. En palabras de Bonet Correa (1983: 6), a quen traducimos, Nós constitúe un dos capítulos máis brillantes e creativos da cultura galega do noso século. Podemos establecer tres momentos crono- lóxicos segundo as mudanzas sufridas polas capas da revista que homenaxeamos. As ca- pas, como a maioría dos deseños da revista Nós, son da autoría de Castelao, o que foi o seu director artístico (así consta na publicación dende o número 19). 1. Os primeiros nove números (1920-1922) de Nós levan unha cuberta branca e limpa. A do número 1 é tan sobria que se reduce ao títu- lo da revista (na parte superior esquerda) e á data (na parte inferior dereita). O tipo de letra do nome é parecido ao que o mesmo Caste- lao creara para outras publicacións inmedia- tamente anteriores (A Nosa Terra, suplemento Nós de El Noroeste) e que será utilizado pos- teriormente como único elemento decorativo das capas en varias obras literarias feitas polo rianxeiro (caso de Na noite estrelecida, de Ra- món Cabanillas). Certamente, un tipo de letra Capa do número 1 da revista Nós (1920) (fonte: Galiciana)