207 34. Os blogs de Introducción á Arquitectura na implantación do título de grao José Ramón Alonso Pereira, Miguel Abelleira Doldán, Enrique M. Blanco Lorenzo, Juan Antonio Caridad Graña, Antonio Santiago Río Vázquez, Patricia Sabín Díaz Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura. Universidade da Coruña. Edificio de departamentos adscritos á ETSAC. Campus da Zapateira s/n. 15071 - A Coruña iala.udc@gmail.com Resumo De modo experimental, realizouse un proxecto de innovación docente empregando blogs como ferramenta de ensino virtual na materia Introducción á Arquitectura. Os blogs convertéronse nun espazo esencial para o alumno, incentivando o seu interese pola materia e favorecendo a súa aprendizaxe a través da propia autoxestión. O proceso e os resultados obtidos xustifican o papel destas ferramentas cara a consecución do principal obxectivo da materia: aprender a saber ver e a saber entender a arquitectura. Palabras chave Docencia, arquitectura, EEES, Web 2.0, blog Antecedentes En outubro de 2009 plantexouse un proxecto de innovación docente na Universidade da Coruña por parte dun grupo de profesores pertencentes o Departamento de Composición, os cales imparten a materia de primeiro curso da titulación en Arquitectura Introducción á Arquitectura e forman parte do Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura, un grupo que ten como unha das súas liñas fundamentais de investigación a aplicación das TICs ó ensino da historia do urbanismo, a arquitectura e o deseño industrial. O grupo de profesores posuía daquela tres anos de experiencia con blogs aplicados á docencia cunha alta valoración por parte do alumnado da materia e incluso por outros membros da comunidade universitaria seguidores da proposta. Considerabamos que o blog se convertira nunha ferramenta esencial para a comunicación, a análise e a crítica dentro do curso polo que, aproveitando a brough ation and similar papers at core.ac.uk provided by Repositorio da